Agenda

Defensa de Tese Doutoral: Xaquín Bermello Corominas. Tecendo revolucións. A rede tricontinental, Cuba e as colonias portuguesas durante os anos sesenta
-
5 de xuño de 2026

Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea

 

Venres 5 de xuño, 2026. Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. 11:00 H.

 
Autoría: Xaquín Bermello Corominas
 
Dirección:
 
Eduardo Rey Tristán
 

Tecendo revolucións. A rede tricontinental, Cuba e as colonias portuguesas durante os anos sesenta

 

Resumo:

A tese analiza a rede tricontinental xurdida arredor da Conferencia da Habana de 1966, atendendo á circulación de actores e ideas que conformaron este proxecto revolucionario. A investigación presenta a Tricontinental como un espazo de encontro no que converxeron diversos proxectos políticos do Terceiro Mundo.

O traballo examina as conferencias da OSPAA e da OSPAAAL, os seus principais actores e intermediarios, así como as relacións do PAIGC, o MPLA e a FRELIMO con Cuba. Desde unha perspectiva global, a tese interpreta a Tricontinental como un proxecto político autónomo, antiimperialista e socialista, contribuíndo a unha comprensión endóxena do Terceiro Mundo e do internacionalismo revolucionario dos anos sesenta.