Cuba, entre o castrismo e o trumpismo
Abraham Jiménez Enoa
Mércores, 29 de abril, 2026. 19h.
Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural s/n, Santiago de Compostela
O que naceu como o proxecto social mais ambicioso de América Latina terminou convertido nunha estrutura de supervivencia para uns poucos. A Revolución Cubana, que unha vez exportou soños de soberanía, converteuse nunha ditadura sostida polo osíxeno de aliados externos -primeiro a URSS, logo Venezuela-. Hoxe, sen mecenas que financien o inmobilismo e cun sistema económico en ruínas, a illa enfrontase á súa hora mais escura. Analizaremos a anatomía dun país ao límite. Detallaremos como o réxime, incapaz de reformarse e pechado ás liberdades civís, mantén á súa poboación como refén dun modelo esgotado. A este escenario de Estado fracasado súmase o factor Trump: unha estratexia de asfixia económica que, lonxe de derrocar á cúpula, termina por quebrar ao cubano de a pé, quen padece os apagamentos, a fame e a falta de medicinas.
Abraham Jiménez Enoa (A Habana, 1988) é xornalista e escritor. É autor dos libros "La isla oculta" e "Aterrizar en el mundo", e codirector do documental "Isla Familia". Foi columnista en The Washington Post e publicou reportaxes e artigos de opinión en medios como The New York Times, BBC, El País e Al Jazeera. O seu traballo xornalístico valeulle recoñecementos como o premio Libertad de Prensa Internacional do Comité para a Protección de Periodistas (CPJ), o Sigma Delta Chi Awards de The Society of Professional Journalists, o Premio á Excelencia Periodística da Sociedad Interamericana de Prensa (SIP), o One Young World Journalist of the Year Award, o Lyra Mckee Award for Bravery, o Magnitsky Human Rights e a beca Michael Jacobs da Fundación Gabo. Foi cofundador de El Estornudo, revista independente cubana.
Os Encontros Americanos na Granell
Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.
Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio.
Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, e profesionais vencellados á realidade da rexión.