Equipo

Eudald
Cortina Orero
Eu
Investigador/a

Doutor en Historia

Profesor axudante doutor

Eudald Cortina é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), institución na que se doutorou en 2015 coa tese «Comunicación insurgente y proceso revolucionario en El Salvador, 1970-1992», galardoada co premio extraordinario de doutoramento. Entre 2016 e 2019 obtivo un contrato posdoutoral I2C da Xunta de Galicia para desenvolver o proxecto «Redes transnacionales de militancia y procesos de difusión revolucionaria entre el Cono Sur y Centroamérica». Entre 2020 e 2026 traballou como investigador na Universidad Autónoma de Madrid (UAM) no marco do proxecto «Nuevos actores en las relaciones internacionales contemporáneas durante los procesos de descolonización de África, Asia y América Latina (1810-1990). Redes políticas, alianzas y cooperación Sur-Sur». Foi ademais profesor contratado do programa Juan de la Cierva na USC e profesor axudante doutor na UCM.

Investiga sobre os procesos de mobilización revolucionaria e violencia política en América Latina, campo no que publicou numerosos traballos sobre experiencias guerrilleiras na Arxentina, no Salvador, no Uruguai e en Venezuela. O seu interese centrouse particularmente no estudo das organizacións revolucionarias, cunha produción enfocada na dimensión transnacional da mobilización insurxente e nos aspectos comunicativos, propagandísticos e culturais destes procesos. Actualmente oriéntase ao estudo das reconfiguracións estratéxicas nas organizacións insurxentes latinoamericanas, con especial atención á emerxencia, discusión e difusión de propostas democráticas durante a etapa final da onda revolucionaria da Nova Esquerda.

Dende 2005 dirixe o Centro de Documentación de los Movimientos Armados (CeDeMA), principal repositorio en liña sobre os movementos guerrilleiros en América Latina. Realizou estadías de investigación en institucións académicas da Arxentina, de Chile, do Salvador, de México, de Nicaragua, do Uruguai e de Venezuela. Actualmente integra diversas redes e grupos de investigación, como HistAmérica, a International Research Network on the Revolutionary Left, o Grupo de Traballo CLACSO «Antiimperialismo: perspectivas transnacionales en el Sur global», o Grupo de Estudios Interdisciplinarios sobre América Latina (GEISAL), a Red Europea de Investigaciones sobre Centroamérica (Redisca) e a Red para el Fortalecimiento de las Ciencias Sociales en El Salvador (RFCS).

Listado de publicaciones