Agenda

"Producción militante en el exilio..." Iria Villar. I Congreso de Jóvenes Investigadores e Investigadoras de AHILA
-
26 e 27 de outubro de 2026

O I Congreso de Jóvenes Investigadoras e Investigadores de AHILA nace como un espazo de encontro, intercambio e reflexión para quen investiga a historia de América Latina desde perspectivas innovadoras e críticas.

Ante as profundas transformacións que experimenta o traballo historiográfico —impulsadas polas tecnoloxías dixitais, a intelixencia artificial, a expansión de novas axendas de investigación e a diversidade de enfoques epistemolóxicos—, o congreso propón un diálogo interdisciplinar sobre os desafíos e oportunidades de investigar América Latina no século XXI.

Durante dúas xornadas compartiranse experiencias, metodoloxías e marcos teóricos que permitan comprender como cambian as formas de producir, analizar e comunicar o coñecemento histórico.

Datas: 26 e 27 de outubro de 2026
Modalidade: virtual
Inscrición: gratuíta

Comunicación

Iria Villar Mahía, investigadora predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela, presenta «Producción militante en el exilio: el impacto de la revista Resistance en Argel y el mantenimiento de las redes de solidaridad transnacional».