Agenda

Facer Historia con IA. Metodoloxía, Oportunidades e Límites. Giuseppe Guarino
-
21 de abril de 2026

FACER HISTORIA CON IA

Metodoloxía, Oportunidades e Límites

21 · 04 · 2026   |   11:30  12 (a charla retrásase as  12h.) |   Aula Máster

Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela

Actividade recoñecida polo Programa Interuniversitario de Doutoramento en Historia Contemporánea

 

Giuseppe Guarino

Investigador posdoutoral en Historia Contemporánea. Profesor asociado · Global History.  

Departamento de Ciencias Políticas. Università degli Studi della Campania Luigi Vanvitelli

Doutor pola Università degli Studi della Campania cunha tese sobre a dixitalización e o arquivado da cartografía histórica do Reino de Nápoles

 

Líñas de Investigación

  • Historia dos partidos políticos
  • Circulación dos modelos autoritarios nas ditaduras do século XX
  • Aplicación das tecnoloxías dixitais á investigación histórica

 

Sobre a Lección

A lección analiza o uso integrado de ferramentas de Intelixencia Artificial como apoio á  investigación histórica, destacando as súas potencialidades operativas e as súas implicacións metodolóxicas. Presentaranse casos de uso concretos, desde a xestión de fontes ata a análise textual e a construcción de conxuntos de datos.

 

Prestarase especial atención aos riscos asociados ao uso da IA, entre eles as manipulacións, os revisionismos implícitos e as formas de condescendencia algorítmica. Asimesmo, abordarase o fenómeno das “alucinacións” e as súas implicacións para a fiabilidade do dato histórico.

 

O obxectivo é proporcionar ferramentas críticas para un uso consciente e riguroso da IA na práctica do historiador.