Agenda

De Bolívar a Fidel. O sistema interamericano ante a conflictividade revolucionaria. Adrián Feijoo Sánchez [USC]. Seminario de Estudios sobre Insurgencias. Universidad Complutense de Madrid
-
23 de abril de 2026

De Bolívar a Fidel. O sistema interamericano ante a conflictividade  revolucionaria.

Adrián Feijoo Sánchez [USC].

Seminario de Estudios sobre Insurgencias. Universidad Complutense de Madrid

Seminario 19 (Planta 6). F. Geografía e Historia, Universidad Complutense de Madrid,

23 abril, 2026, 17:30 h.

Modalidade híbrida: MEET.GOOGLE.COM/VDV-DBSN-WHI

Practicamente desde o inicio da súa independencia política, existiron iniciativas dentro das nacións americanas para discutir asuntos en común, resolver disputas e cooperar en defensa e comercio, piares do que se constituíu entre finais do século XIX e a primeira metade do XX como un «sistema interamericano». Abórdase nesta charla unha síntese da historia desta construción, desde a primeira tentativa impulsada por Simón Bolívar á fundación da OEA en 1948 e a súa evolución durante a Guerra Fría. É de especial interese a reacción do sistema ás transformacións que sacudiron os ecosistemas políticos de América Latina nos anos 60, na que se desenvolveron insurxencias revolucionarias inspiradas en -ou impulsadas por- Cuba. 

ADRIÁN FEIJOO SÁNCHEZ (1995). Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É investigador do Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC. As súas áreas de interese inclúen o impacto da guerra fría en América Latina, o sistema interamericano e as actuacións da OEA, as transformacións políticas no Caribe durante os anos 60 e a historia contemporánea de República Dominicana. Durante a súa etapa doutoral emprendeu estancias de investigación na Universidade Autónoma de Santo Domingo e na Georgetown University de Washington DC. Defendeu en 2025 a tese titulada “O Caribe en disputa. O sistema interamericano ante a conflitividade revolucionaria (1959-1967)”, na que se aborda a reacción da OEA ante o complexo mosaico político da rexión caribeña na década dos sesenta. Ese ano tamén publicou o libro De Bolívar a Fidel. Breve historia do sistema interamericano, monografía que sintetiza a historia do sistema rexional desde o século XIX ata 1965.