Agenda

A Biblioteca América. Desafíos da conservación do patrimonio cultural. Encontros Americanos na Granell
-
28 de outubro de 2026

 

A Biblioteca América. Desafíos da conservación do patrimonio cultural.

Mércores, 28 de outubro, 2026. 18h.

Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural s/n, Santiago de Compostela

 

No centenario da inauguración da Biblioteca América da USC (1926-2026), esta xornada abordará os desafíos da conservación do patrimonio bibliográfico e documental.

O encontro comezará cun breve percorrido pola historia da Biblioteca América, seguido dunha mesa redonda con representantes de institucións públicas, bibliotecas, arquivos e coleccións particulares para compartir experiencias e debater sobre a investigación, conservación, acceso público aos fondos, así como á súa difusión.

A xornada rematará cunha visita guiada á exposición "A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926" (Colexio de Fonseca).

 

Participantes:

Dolores Vilavedra, presidenta do Consello da Cultura Galega

Ana Cabana Iglesia, vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, USC

Pilar Cagiao Vila, profesora de Historia de América, USC

Elena Díaz del Río, Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia

Cristina Lerma Rey, descendente do fundador da Biblioteca América

Modera: Nancy Pérez Rey, HistAmérica, USC

Intervención musical da Orquestra e Coro da Universidade

 

 

Os Encontros Americanos na Granell

Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordan temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.

Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Cultura, Lingua e Patrimonio.

Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, e profesionais vencellados á realidade da rexión